miércoles, 21 de diciembre de 2016

Festival de Nadal

Aquí tedes algunhas fotos do festival de Nadal, no que bailamos e cantamos a canción de Navidad Rock.







Un saudo a todos!!

martes, 20 de diciembre de 2016

Visita de Papá Nöel

Este ano, tamén fomos dos afortunados en recibir nin máis nin menos a visita de Papá Nöel no cole!! e por se acaso demoslle as nosas propias cartas!!! agora toca esperar ata o día de Nadal, a ver se temos algún agasallo :D
Aquí algunhas fotos!


lunes, 19 de diciembre de 2016

Visita a Balaidos

E chegou a primeira excursión!! Fomos a coñecer o estadio do Celta,  Balaidos, asi como o museo, as gradas e mesmo os vestuarios.
Aquí tedes algunha foto deste fantástico día!












Un saúdo

lunes, 28 de noviembre de 2016

Facendo pasta de dentes

Nesta ocasión os alumnos de primeiro de primaria tivemos a oportunidade de aprender a facer a nosa propia pasta de dentes!!
En primeiro lugar descubrimos os ingredientes: auga con sal, arcilla branca, edulcorante.
e despois puxemosnos a fabricala en pequenos grupos, sempre asesorados e guiados polo servicio de Normalización Lingüística do concello de Vigo.
Aqui tedes algunhas fotos do proceso... e a proba, teredes que pedirlla a estes nenos.
Un saúdo








domingo, 13 de noviembre de 2016

Magosto

O viernes celebramos o Magosto no centro. Para iso, primeiro decoramos os nosos cucuruchos con motivos otoñales (follas, castañas e landras). Aquí tedes algunha imaxe:




Despois os alumnos de infantil,1º e 2º recitaron un poema as castañas, e despois escoitaron no patio as actuacións dos seus compañeiros.
Ó remate das actuacións chegou o ansiado momento de comer as castañas asadas!!
Rematamos a xornada cuns xogos: o comecastañas, un atrapa as castañas (parecido o pañuelo) e ver quen aguanta mais con castañas na cabeza.



Samaín

A última semana de outubro, con motivo da celebración do Samaín, os nenos e as familias fixeron cabazas para decorar os pasillos do centro. Aquí tedes alguna imaxe das cabazas dos vosos cativos:


Tamén decoramos a clase, mesmo fixemos un photocall para sacar fotos coas nosas cabazas e as caroutas que fixemos (unhas calaveras mexicanas). Aquí tedes algunha imaxe.






Para rematar, comemos palomitas mentres viamos un anaco da película Monstruos S.A.


domingo, 23 de octubre de 2016

As vogais

Ola!!
Esta semana, entre moitas cousas, rematamos coas vogais (maiúsculas e minúsculas), ainda que seguiremos traballando con elas… pero a partir de agora, acompañando ás consoantes.
A continuación, deixovos unha serie de recursos para poder traballar cos vosos fill@s:

VIDEOS

XOGOS E APLICACIÓNS:


MATERIAL FUNXIBLE:



Un saudo e ata a seguinte entrada.